Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Política de cambios

Envíos

• Península 4,95 €

• Baleares 10 € 

• Canarias 11 € 

• Ceuta e Melilla 11 €

• Para envíos de gran tamaño ou envíos internacionais, envíanos un correo a pedidos@lenda.gal para consultar as condicións. 

Cambios

 Podes cambiar os teus artigos as veces que queiras pero non devolvemos o importe da compra.
• Os gastos de envío correrán a cargo do cliente, en ningún caso aceptaránse envíos a portes
debidos.
• Contas con 30 días hábiles dende a recepción dos artigos para poder realizar o cambio.
• Para proceder co cambio, envíanos un correo a pedidos@lenda.gal especificando o número de
pedido e os cambios que queres facer. Indicarémosche cómo proceder.
• A dirección á que tes que enviar o produto é: Rúa Valle Inclán 11, Baixo 15100 Carballo (A Coruña)
• Cando recibamos o material, e verifiquemos que todo estea correcto, procederemos co cambio e envío do artigo ou talla que queiras, previo pago de portes.
• Se o producto está usado, danado ou en mal estado por motivos alléos a Lenda, non se aceptará o cambio

Devolucións

Se recibes o material danado ou en mal estado por responsabilidade de Lenda, debes comunicarnos a incidencia nun prazo máximo de 3 días naturais dende a data de recepción do material. Pasado ese prazo non se admitirá ningunha devolución.
– O cliente deberá devolver o produto nun prazo de 15 días hábiles e procederase ao reembolso dos gastos de compra e envío mediante o método de pago utilizado, ou ao cambio por outro produto se o cliente o desexa.
– Envíanos un correo a pedidos@lenda.gal para que teñamos constancia da túa devolución.
–  Indica no asunto do correo o concepto “Devolución” xunto co número do pedido que queres devolver e coméntanos o motivo da devolución.
– Contestarémosche a ese correo explicando como xestionar a devolución.
– A dirección á que tes que envialo é: Rúa Valle Inclán 11, baixo 15100 Carballo (A Coruña)

cancelacións

Os pedidos feitos en www.lenda.gal poden cancelarse, sempre que non saíse xa do noso almacén.
Se queres cancelar un pedido, envíanos un correo electrónico a: pedidos@lenda.gal indicando o teu nome, o número de pedido e o importe, e procederemos a súa devolución.