Descripción
O toxo é unha planta que garda moita relación coa cultura galega. En si, trátase dun arbusto cunhas púas moi punzantes que ao florecer bota pétalos amarelos. Desta mestura de dureza e beleza sácanse os diferentes significados da expresión “ser un toxo”. Por unha banda punzante, de forma que se utiliza para definir o carácter de alguén seco ou arisco. Pero doutra banda, a beleza que se mostra coa flor, fai que a expresión se utilice tamén en ocasións para definir a seres queridos que teñen un xenio acentuado.
50% ALGODÓN 50% POLIÉSTER
Dimensións: 45 × 35 × 6 cm
Cor verde